arteterapia antroposófica hauschka

masaxe pressel

 

arte e masaxe para a saúde, o benestar e a evolución persoal

Ola, son Beatriz,

Benvid@s á web onde podes coñecerme mellor, atopar máis información do meu traballo e como pode ser útil para ti.

Descubre quen son e como podo acompañarte

Ola, son Beatriz,

Benvid@s á web onde podes coñecerme mellor, atopar máis información do meu traballo e como pode ser útil para ti.

Descubre quen son e como podo acompañarte

Apaixónanme esos momentos nos que podo ser eu mesma, en verdadeira sintonía coa esencia máis auténtica de min e de toda manifestación de vida, descubrirme, vivenciarme e aprender a disfrutar con plenitude e saude da VIDA.

Acompañarte permíteme vivir contigo e ver en ti esos momentos que nos nutren e nos axudan a vivir.

“a verdadeira arte é aquela que fai que o ser humano creza, prospere e sande”

Rudolf Steiner

¿Buscas crecer, prosperar e sandar?

¿Necesitas recuperar o teu equilibrio fisico e emocional?

¿Coidarte, relaxarte, centrarte?

¿Recuperarte dun proceso de enfermidade, duelo ou depresión?

¿Desenvolver a túa vitalidade, entusiasmo e alegría?

Ou simplemente:

¿Desexas facer algo que te nutre e disfrutar dun espazo amoroso para ti?

 Con Arteterapia e Masaxe Pressel podemos axudar a sentirte mellor.

Masaxe Pressel

arte e masaxe para a túa saúde, benestar e evolución persoal

facilitemos os procesos e as vivencias que te nutren e te axuden a vivir en saúde gozando con alegria da vida

arte e masaxe para a túa saúde, benestar e evolución personal

facilitemos os procesos e as vivencias que te nutren e te axuden a vivir en saúde gozando con alegría da vida

“Para min a túa masaxe faime sentir renovada, axúdame a liberar tensións físicas e mentais. Noto como o corpo reacciona á masaxe relaxándose e enerxetizándose á vez. O día seguinte sinto a pel máis viva e o corpo con máis enerxía.

E penso que todo iso é posible pola atmósfera  que ti creas, Bea. Eu teño a sensación de que podo deixarme levar porque sinto a túa  presenza atenta e moi coidadosa.”

Patricia

“A masaxe pressel para min é unha experiencia integradora. Por un lado me axuda a soltar e a liberar as tensións do corpo físico,  recoñecer a emoción presente do momento e  aquietar a mente. Despois de soltar, os pases finais me recollen e acunan. É unha masaxe completa e equilibrada que me acompaña no meu proceso persoal de autocoñecemento e me permite reconectar co corpo.
A presenza de Beatriz, as suas mans, o  espazo coidado en cada detalle, fan que me sinta escoitada e acollida en todo o meu ser de forma cálida e amorosa.”

Miriam

“A arteterapia paréceme unha ferramenta ben adecuada para facer un traballo persoal a través da arte, e asistir as sesións con Beatriz Domarti foi para min un privilexio: o seu saber, o seu bo facer e a orientación agarimosa e oportuna para axudarme a plasmar aquelo que eu quería realizar, axudáronme moito. Grazas Bea!”

Chus

“As clases de arteterapia para min son momentos de desconexion, de paz e tranquilidade nunhas mans cercanas e familiares. A miña experiencia está chea de bos recordos e dunha retroalimentación moi boa. Aconsello a toda persoa que precise de momentos sen agobios ou simplemente  que queira pasar un maravilloso rato tranquilo en compañía dunha persoa moi cercana.”

María

“Xa hai uns cantos anos que tiven contacto por primera vez coa arteterapia e ainda teño presentes a curiosidade que sentía antes  de entrar polo que a nova clase me aportaría, a maxia das cores, a revolta de sensacións propias durante a clase e a gran satisfacción de saír coa miña creación artística. FANTÁSTICO”

Begoña

“Hai xa algo máis de 6 anos que disfrutei das clases de arteterapia con Bea e teño que dicir que foi todo un pracer compartir ese curso con ela. Levaba tempo querendo sacar de novo esa vena artística que cando era pequena estaba ahí e cos anos afundiu non sei a onde, e ela axudoume a facelo. Era un gusto vernos unha vez por semana e sacar esa creatividade guiada por ela, o lembro como relaxante e estimulante ao mesmo tempo. Ademais de que como persoa é un amoriño. A día de hoxe moitos dos traballos que fixemos decoran a miña casa. Grazas Bea por todo o aprendido e compartido contigo.”

Ana

 “A masaxe Pressel é, por excelencia, unha modalidade terapéutica que traspasa a pel para, en mans de Beatriz, “tocarche a alma”. Para que o proceso sexa efectivo, a suma de factores, alguns deles dunha extraordinaria sutileza, require profesionalidade na técnica, calidez na armonía, precisión espacial e temporal, e unha percepción integral do conxunto. Pero sobre todo, un manexo das enerxías que non calquer terapeuta sabe organizar a favor do reequilibrio da saúde. 

Non podo afirmar con exactitude se a revolución interna que se produxo e que resultou, polo menos na miña experiencia, tan necesaria como liberadora, foi a causa do Pressel ou a gran potencia de canalización que Beatriz exerce na sua total e xenerosa entrega. Tal vez se trate dunha combinación naturalmente perfecta. Moito máis que recomendable.”

Myriam K

“Liberar a mente e soltar o corpo. A masaxe, cálida e inspiradora, ofrece un tempo de concentración no que activar a reflexión e o impulso para o día a día.”

Vanesa

“Asistir as clases de arteterapia foi como abrir unha ventá, estrana e curiosa, porque dende ela se vía o exterior doutra forma pero tamén o interior. Unha ventá en dúas direccións. E iso foi asombroso. Un mundo novo, de cores, formas, texturas, pero non só iso, senón un mundo de palabras diferentes e de sensacións e pensamentos diferentes que non me resulta posible expresar por escrito, só se pode facer no papel ou no barro. Asistir era sempre ir con ilusión, sempre. E ó saír un suspiro profundo, saíra como saíra. Eso é unha gran ensinanza, penso eu, Bea sempre nos recordaba respirar profundo. Significaron para min afrontar cousas con serenidade, aprender moitísimo! Ensinoume a importancia de recibir, recordo que aquel día a clase quedou inundada de silencio, porque o fixo con firmeza e delicadeza a un tempo. E tamén que se pode ser feliz e estar triste, e non ter medo dos sentimentos… ah! e tamén a mirar o ceo doutra forma, sí, como cambiou o ceo!! Tódolos veráns busco detalles ó solpor, é outro mundo. Eso diría, o mundo é diferente, e por dentro tamén vin cousas diferentes en min.”

Mila

Contacto

Podes cubrir este formulario, escribirme aos seguintes correos electrónicos ou chamarme directamente por teléfono.

Información e inscricións arteterapia:

arteterapia@beatrizdomarti.com

Información e cita previa masaxes:

pressel@beatrizdomarti.com

Calquera outra cuestión:

beatrizdomarti@beatrizdomarti.com

Teléfono: 610753985

ARTETERAPIA:
PRESSEL:

4 + 3 =