Arteterapia de Orientación Antroposófica Hauschka

“O artístico é unha cuestión do corazón, desexa ser portador de amor”
Eva Mees-Christeller

 

A arteterapia chegou a miña vida en un momento de crise no que non sabía por onde seguir. Xa tiña rematada a miña segunda formación académica, Diplomatura en Maxisterio, e o camiño oficial de oposicións e funcionaria non me atraia o suficiente. Por outro lado facía tempo que viña sentindo as gañas internas de porme a pintar e atopar ese espazo onde desenvolver a miña capacidade artística. Sempre tiven atracción pola beleza en tódalas súas manifestacións, e dende mociña por todo aquel recurso terapéutico que me axuda a sentirme mellor.

Nunha das sanadoras visitas a Zuhaizpe, en conversa con Karmelo xurdiu a idea de formarme en Pedogoxia Curativa que se estaba facendo en Galicia e foi a través do contacto que me facilita que acabo sabendo da formación de arteterapia que estaba en marcha en Pontevedra. Arte e terapia me soaba perfeto, era sen duda o camiño que o corazón me pedía camiñar. Así coñecín a Maya Moussa e comecei o meu proceso persoal a traves dos recursos artísticos e terapéuticos da arteterapia. Foron anos intensos de formación en Pontevedra, Madrid, Alicante e Barcelona, con experiencias tan ricas e sanadoras!

Os talleres de arteterapia continuan sendo hoxe en día parte da miña formación continua, e un recurso ao que acudo a nivel persoal cando preciso sentirme mellor, dar espazo a expresión das emocions, reconectar coa beleza, a harmonía, a vida e o amor incondicional. Cando preciso volver a sentirme viva e atopar sentido ao vivido.

Quizá sexa un recurso que a ti tamén te axude a vivir, eu encantada de poderte acompañar.

¿EN QUE CONSISTE?

A Arteterapia Antroposófica Hauschka xurde a partires da Dra. Margarethe Hauschka impulsada por la Dra. Ita Wegman no marco da Medicina Antroposófica, cando empeza a desenvolver a pintura con fins terapéuticos arredor do ano 1921.

Consiste en acompañar e facilitar procesos terapéuticos a través dos diferentes recursos artísticos que nos facilita o coñecemento e manexo das técnicas desarrolladas por Margarethe Hauschka. 

Modelado con arcilla, acuarela sobre papel mollado e ata 7 técnicas diferentes de debuxo son os recursos que utilizamos. Coñecer en profundidade cada un deles e os seus efectos no ser humano nos axuda a establecer o proceso adecuado para poder acompañarte e axudar no teu momento persoal.

O obxetivo desta terapia non radica en chegar a un resultado artístico ou a simple expresión artística e creativa, aínda que tamén o sexa, senón que a meta do traballo atópase no proceso que se ofrece ao paciente segundo as súas necesidades, considerando a súa constitución, patoloxía e momento biográfico, contemplando ao ser humano como un todo: físico, vital, anímico e espiritual, e buscando o equilibrio e a relación harmoniosa destes elementos como principio terapéutico.

As cores, as técnicas, como se realiza e incluso a temática das propostas teñen unhas cualidades propias que actúan sobre o ser humano, coñecéndoas ben podemos utilizalas para acompañar e facilitar os procesos que necesitamos movilizar en cada caso particular. Apelamos, como tamén facemos coa Masaxe Pressel, ao equilibrio entre as polaridades nas que se manifestan as enfermidades.

Ofrécenos recursos artísticos salutoxenéticos (que xeneran saúde) para acompañar o sano desenvolvemento na infancia, adolescencia, nas necesidades educativas especiais ou nos diferentes momentos da biografía humana.

Na Arteterapia a actividade é tamén unha meditación, un espazo de quietude para estar cun mesmo, disfrutando do momento presente, conectando coa nosa esencia. 

¿PARA QUEN ESTÁ INDICADO?

Pode ser experimentada por cualquer persoa, de tódalas idades, individualmente ou en grupo, non é necesario ningún coñecemento ou experiencia previa e pode ser utilizada como acompañamento en moitas situacións: nun proceso individual de enfermidade física ou psíquica, nos momentos de crise que se poden ir dando ao longo da vida, en un ámbito médico, pedagóxico, social, na atención a maiores, persoas con necesidades educativas especiais, grupos de apoio, de integración, rehabilitación, crecemento persoal, etc.

Especialmente indicado para:

N

Toda persoa que quere mergullarse nas profundidades de si mesma, bucear profundo, descubrirse, acompañarse e abrir portas a expresión a través da actividade artística.

N

Se desexas fomentar a tua saude ainda non estando enferma ou acompañarte no proceso persoal que neste momento toca vivir.

N

Se buscas sentirte mellor fisica ou emocionalmente.

N

Se estás pasando ou se precisas recuperarte, dun proceso de enfermidade, duelo ou depresión.

N

Se che gustaría despertar o teu entusiasmo, alegria, vitalidade e gañas de facer cousas.

N

Fortalecer a túa autoestima e recoñecemento.

N

Conectar contigo mesma, sentirte, respirar mellor.

N

Aprender a admirar a beleza en ti e ao teu arredor.

N

Reconfortarte en unha actividade amorosa, fermosa e creativa.

N

Se buscas apoio en un momento difícil e un acompañamento amoroso para contigo mesma.

N

Se che gusta traballar no teu crecemento persoal e queres probar unha actividade artística que o fomente.

N

Se precisas apoiar o teu momento evolutivo ou biográfico.

N

Se queres ofrecerlle ao teu fillo ou filla unha actividade que nutra o seu sano desenvolvemento físico, anímico e cognitivo. Unha actividade artística que nutre a sua alma e xenere saúde para o seu futuro adulto.

N

Ou se simplemente queres pintar, debuxar ou modelar e poder disfrutar dunha actividade que te nutre polo simple feito de facela, sen buscar nada mais, acollendo o que veña.

N

Sen limite de idade, recomendado para adultos, adolescentes, nenas e nenos.

¿QUE POÑO AO TEU SERVIZO?

Sesións individuais

Clases semanais ou quincenais realizadas de maneira individual nas que poder realizar un traballo terapéutico a través da arte de maneira personalizada e adaptada ao teu momento e situación concreta. 

Para adultos de calquer idade, nenas, nenos, adolescentes e persoas con necesidades educativas especiais ou que requiren atención personalizada. 

Sesións en grupo

Sesión semanal en grupos reducidos para adultos, nenas, nenos ou adolescentes que serán agrupados por idades afíns para que os traballos sexan mais adecuados a sua idade e as necesidades que iso require.

Clases nas que podemos facer un traballo con continuidade e abrir procesos terapéuticos e artísticos que requiren de varias sesións continuas para realizarse. Son experiencias ricas e nutritivas que se enriquecen da convivencia das persoas que a comparten pintando xuntas e compartindo o vivido.

Talleres

Estos son algúns exemplos dos talleres que poño ao teu servizo, contacta conmigo para información máis concreta, datas e lugares. Tamén podes comprobar nas redes sociais de ateterapia ou no blog todas as novidades dispoñibles en este momento.

A árbore emocional

Taller de arteterapia para adultos en grupo, no que disfrutar dun proceso artístico e bucear no mundo emocional a través da temática da árbore. Propostas artísticas de acuarela, pastel con pigmentos e/ou debuxo.

Modelando platónicos

Taller de 2 horas durante 6 sesións, para adultos, no que traballaremos modelado con arcilla. A partir das nosas propias mans daremos forma a un trozo de barro que se transforma cada semana dando espazo a un proceso terapéutico que nos axudará a sentirnos “cos pés na terra”.

Natureza e arte

Taller para adultos realizado en entorno natural, ou espazos con fácil acceso a paisaxe e árbores na natureza. Propostas artísticas de acuarela e debuxo. 

Pedir, dar e recibir

Taller de modelado para adultos no que poder sentirte e profundizar nos procesos emocionais de pedir, dar e recibir. Propostas artísticas de modelado con arcilla.

A árbore emocional

Taller de arteterapia para adultos en grupo, no que disfrutar dun proceso artístico e bucear no mundo emocional a través da temática da árbore. Propostas artísticas de acuarela, pastel con pigmentos e/ou debuxo. 

Modelando platónicos

Taller de 2 horas durante 6 sesións, para adultos, no que traballaremos modelado con arcilla. A partir das nosas propias mans daremos forma a un trozo de barro que se transforma cada semana dando espazo a un proceso terapéutico que nos axudará a sentirnos “cos pés na terra”.

Natureza e arte

Taller para adultos realizado en entorno natural ou espazos con fácil acceso a paisaxe e árbores na natureza. Propostas artísticas de acuarela e debuxo. 

Pedir, dar e recibir

Taller de modelado para adultos no que poder sentirte e profundizar nos procesos emocionais de pedir, dar e recibir. Propostas artísticas de modelado con arcilla.

A planta

Proposta de taller para adultos a través do traballo artístico da planta. Será preferiblemente realizado en un entorno con fácil acceso a espazos naturais con plantas. Propostas artísticas de acuarela e debuxo.

Ciclo e ritmo vital

Taller semanal de hora e media, para adultos en grupo durante 14 sesións. Un traballo terapéutico a través de propostas de acuarela coas que podrás vivenciar un proceso sanador a través das cores, a temática e técnica elaborada. Para calquer persoa que sinta a chamada do traballo persoal a través da arte e especialmente indicado en caso de baixa autoestima, tristeza, depresión, momentos de crise persoal nos que necesites recuperar ese coidado e amor a ti mesma/o, ou redirixir a mirada a beleza, esperanza e confianza na vida.

Vivenciarte

Taller para adultos con propostas artísticas de acuarela e modelado. Vivenciarte individual e socialmente no proceso artístico e sentirte formar parte dun grupo que tamén vivencias. Vivenciarte a ti e vivenciar ao outro ao teu carón co que poder establecer comunicación a través da arte.

Xeometría saudable

Taller de arteterapia para adolescentes e adultos en grupo. A través de propostas de debuxo xeométrico podrás vivenciar e fomentar a concentración, claridade, seguridade e estrutura que aporta esta técnica, ao mesmo tempo que fomentamos despertar o entusiasmo.

A planta

Proposta de taller para adultos a través do traballo artístico da planta. Será preferiblemente celebrado en un entorno con fácil acceso a espazos naturais con plantas. Propostas artísticas de acuarela e debuxo.

Ciclo e ritmo vital

Taller semanal de hora e media, para adultos en grupo durante 14 sesións. Un traballo terapéutico a través de propostas de acuarela coas que podrás vivenciar un proceso sanador a través das cores, a temática e técnica elaborada. Para calquer persoa que sinta a chamada do traballo persoal a través da arte e especialmente indicado en caso de baixa autoestima, tristeza, depresión, momentos de crise persoal nos que necesites recuperar ese coidado e amor a ti mesma/o, ou redirixirte a beleza, esperanza e confianza na vida.

Vivenciarte

Taller para adultos con propostas artísticas de acuarela e modelado. Vivenciarte individual e socialmente no proceso artístico e sentirte formar parte dun grupo que tamén vivencias. Vivenciarte a ti e vivenciar ao outro ao teu carón co que poder establecer comunicación a través da arte.

Xeometría saudable

Taller de arteterapia para adolescentes e adultos en grupo. A través de propostas de debuxo xeométrico podrás vivenciar e fomentar a concentración, claridade, seguridade e estrutura que aporta esta técnica, ao mesmo tempo que fomentamos despertar o entusiasmo. 

Se tes un centro ou espazo onde che gustaría ofrecer estos talleres, vives en outra cidade ou comunidade autónoma e che gustaría que se fixera máis cerca da tua casa, faime unha proposta e vemos se podemos facelo realidade.

¿Sintes a chamada de vivenciar os talleres?

¿Queres comezar un proceso personalizado para ti con clases individuais ou formar parte dun grupo semanal?

¡CONTACTA CONMIGO!

arteterapia@beatrizdomarti.com

610753985

¡Ségueme nas Redes Sociais de Arteterapia!