Sobre min
Chámome Beatriz, nacín en 1978 en Galicia e crecín nunha aldea á beira do río Tea no sur de Pontevedra.
Estudo Formación Profesional como Técnico Especialista rama Administrativo e Comercial, e Diplomatura en Educación Primaria pola Universidade de Vigo.
No camiñar da vida, buscando o meu benestar e equilibrio emocional coñezo en 2003 a Karmelo Bizkarra e o seu traballo no Centro de Salud Vital Zuhaizpe, un encontro que resulta determinante para a miña traxectoria vital dende entón.
Comeza en ese momento para min unha nova maneira de vivir na que as actividades do ámbito da saúde e a terapia forman parte esencial.
Decido formarme en Arteterapia Antroposófica Hauschka con Maya Moussa, Florencio Herrero, Magda Ferrer e outros, en Arteterapia El Puente (hoxe en día Asociación Arteterapia Antroposófica)
Máis tarde en Masaje Terapéutico Pressel con Frauke Elsner, Heike Jessen e Florencio Herrero do Instituto Hygiea de Plasencia.
En Psicoterapia Antroposófica con Henriette e Add Dekkers, coordinadores da Sección Médica de Psicoterapia Antroposófica do Goetheanum en Dornach, Suiza.
E máis recentemente en Reflexoloxía Holística con Rosalina González.
Realizo ao longo dos anos sesións de arteterapia individuais e grupais con nenas, nenos, adolescentes e adultos en diferentes espazos de Ponteareas, Cangas, Vigo e Ourense. Entre eles O Manancial de Cangas.
Teño experiencia como monitora infantil en actividades con nenas e nenos en varias empresas de ocio.
Clases de “Arteterapia e Medioambiente” en colexios de Moaña e Cangas colaborando coa Asociación Amigos do Morrazo Verde.
Formo parte do Equipo Médico Terapéutico no Centro de Salud Vital Zuhaizpe nas temporadas do 2016 a 2018 como Masaxista Pressel e Arteterapeuta.
En 2020 sigo o impulso de emprender dando nova forma ao meu proxecto laboral que recomeza lanzando esta web na que dar a coñecer o meu traballo.